Touriñán e Marcos Pereiro gañan o premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral

O xurado outorga o premio aos actores cullerdenses polo “mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego”. O galardón entregarase na Gala Central do Festival Internacional Rebulir, o 17 de decembro.

tourimarcos

Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán veñen de aceptar o Premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral, que concede o Festival Internacional Rebulir, organizado pola asociación homónima xunto coa Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.

No seu veredicto, o xurado apunta a importancia do traballo de Os Dous de Sempre no mantemento, difusión e posta el valor do humor con raigame tradicional e en galego.

A Asociación Rebulir, promotora do festival, ten por obxectivo a recuperación e difusión da cultura tradicional galega en tódolos seus ámbitos (baile, música, patrimonio oral, xogos, gastronomía, festas, celebracións…), poñéndoa en valor dun xeito accesible a todo o mundo, e devolvéndolle ao pobo o que é seu, para que deste xeito non se rompan os ciclos interxeracionais que a fixeron chegar ata os nosos días, segundo apuntan na súa páxina web.

A Gala Central do Festival Internacional, que cumpre dez edicións, celebrarase o 17 de decembro en Ramirás.

Artigo anterior
A historia de Anxo e Roque, o novo de ‘Imposible sen ti’
Artigo seguinte
Touriñán e Federico Pérez retoman esta fin de semana a xira de Curtis & Teixeiro

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán e Marcos Pereiro gañan o premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral