Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo

Estas dúas localidades pontevedresas acollerán os días 27 e 28, respectivamente, as últimas funcións deste espectáculo de José Luis Prieto, Premio Max de Teatro, que Touriñán levou o pasado ano a máis de dez puntos da nosa xeografía.

touriimbecil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí… coma un imbécil”.

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

En Vilagarcía e Vigo poderán ver por última vez este espectáculo, nas últimas funcións dunha xira que nos últimos meses estivo nos principais teatros de Galicia, con grandes resultados de público e unha sensacional crítica ao traballo de Touriñán.

Merca a túa entrada para Vigo

Merca a túa entrada para Vilagarcía

Artigo anterior
Cita triple con Touriñán no Carballiño
Artigo seguinte
Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo