Touriñán celebra en Mondoñedo o aniversario da Declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial

O actor cullerdense percorreu o pasado xoves un tramo do Camiño, visitou a catedral, e coñeceu as Covas do Rei Cintolo, a cavidade mais grande de Galicia.

Convidado polo Concello de Mondoñedo, o actor Xosé A. Touriñán visitou o xoves a vila luguesa para participar nos actos de celebración da Declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Acompañado da alcaldesa, Elena Candia, Touriñán percorreu un tramo do Camiño a primeira hora, para despois visitar a catedral e coñecer as Covas do Rei Cintolo.

O obxectivo da visita foi o de contribuir a promocionar os atractivos turísticos de Mondoñedo, en especial do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade, e de paso coñecer un pouco mellor o municipio, no que o pasado mes de maio actuou nunha dobre función co seu monólogo.

Artigo anterior
Xosé Antonio Touriñán recibe o premio Orgullo Rural 2018
Artigo seguinte
A Televisión de Galicia estrea o xoves Malo será!, con Marcos Pereiro e Federico Pérez

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán celebra en Mondoñedo o aniversario da Declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial