Somos Criminais, o primeiro espectáculo de Touriñán e Carlos Blanco xuntos

Xirarán por toda Galicia entre os meses de abril e xuño. A estrea está prevista para os días 30 e 31 de marzo no auditorio da Illa de Arousa.

Somos Criminais é o novo espectáculo de Touriñán e Carlos Blanco. | Foto: Marcos Martínez

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.  A conclusión é clara: Somos Criminais.

A Illa de Arousa, Vimianzo, Viveiro, Ferrol, Cangas, A Coruña, Vilalba, Lugo, Vilagarcía, As Pontes, Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ponteareas, A Rúa, Burela e Narón son os lugares que Touriñán e Carlos Blanco visitarán neste primeiro semestre de 2017, nunha xira para a que as entradas están xa á venda a través da web do espectáculo.

Dous dos talentos máis prolíficos da comedia en Galicia únense por primeira vez nun espectáculo conxunto, cun texto inédito de José Prieto no que xa traballan os actores para completalo e darlle forma, e coa dirección técnica de Dani Juncal. Somos Criminais é unha produción de Condetrespés e Undodez, coa colaboración de Ainé Producións.

Artigo anterior
Catro oportunidades para coñecer a Manolo Lojo en xaneiro
Artigo seguinte
Federico Pérez e o último spot de ‘Imposible sen ti’, candidatos ao Mestre Mateo

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Somos Criminais, o primeiro espectáculo de Touriñán e Carlos Blanco xuntos