Xosé Antonio Touriñán

touri_perfil

Unha desas caras ben coñecidas do audiovisual galego e do mundo da comedia no noso país. Coñecerédelo porque é o encargado de darlle vida a Mucha, das Cantareiras de Ardebullo, ou porque noutras tantas ocasións ten interpretado ducias de personaxes xunto ao seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro, co que formou no ano 2000 o dúo Os Dous de Sempre.
En 2012 tivo o seu propio programa na Televisión de Galicia, Tourilandia, aínda que xa antes participara en Padre Casares, Botarse ao monte ou Era Visto!. Presentou os premios Mestre Mateo varios anos, e Los Fenómenos foi a súa primeira aventura cinematográfica.
Actualmente é colaborador e protagonista do programa de entretemento con máis audiencia da Televisión Galega: O Land Rober, onde fixo popular o personaxe de João Simões. O humor en directo é o punto forte do actor culleredense, e sobre o escenario Touri representa o Monólogo do Imbécil, un contacontos que trata sobre Santi, alguén a quen todo lle sae mal e non consegue facer nada do dereito.
O seu papel como Manolo Lojo, o espectáculo cómico Curtis&Teixeiro -que interpreta xunto a Federico Pérez- e a comedia teatral “Amigos ata a morte” completan o seu currículo máis recente.

Queres contratar a Xosé Antonio Touriñán?
Nome
E-mail
Teléfono
Mensaxe

Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas aos premios, que se entregarán o 4 de marzo na Coruña. O propio Federico Pérez foi, xunto con María Vázquez, o encargado de ler a relación de nomeados.

Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas

Xosé A. Touriñán levará o seu monólogo a Tebra, no contexto dunha actividade organizada polo clube de fútbol da parroquia que terá lugar no restaurante Las Colinas a partir das 22.30 horas. No que vai de ano o actor e humorista cullerdense encheu en todas as súas actuacións.