Produción televisiva

Coa experiencia dun equipo que ten participado en diferentes proxectos televisivos nos últimos anos, dedicámonos á produción para a pequena pantalla desde o principio e ata o remate do proceso, achegando solucións en cada un dos apartados. Diriximos e coordinamos os orzamentos, creamos equipos, encargámonos do día a día, executamos os proxectos e avaliamos os seus resultados.
Contamos cunha amplísima rede de contactos no mundo do audiovisual en Galicia con contrastada experiencia en exitosos proxectos: directores e xefes de produción, auxiliares e secretarios de produción máis que solventes (pero tamén encantadores).

Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas aos premios, que se entregarán o 4 de marzo na Coruña. O propio Federico Pérez foi, xunto con María Vázquez, o encargado de ler a relación de nomeados.

A noite de Reis, no último capítulo de Nós

O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.

Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’

Trátase de tres especiais que a Televisión de Galicia emitirá durante estas festas. Os actores e humoristas cullerdenses farán un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.