Produción de eventos

Ainé son eventos para grandes marcas, son presentacións a medida cortadas polo patrón da calidade coas características diferenciais que requiren as empresas polas súas identidades e os seus obxectivos. Encargámonos dun xeito integral de absolutamente todo, desde a elaboración do proxecto e o orzamento ata a execución do mesmo, persoal, medios técnicos de luz e son, decoración, vídeo e loxística incluídos.
Aválannos tantas empresas e entidades que teñen contado con nós para os seus eventos cun rotundo éxito en termos de imaxe e retorno para a marca. Por iso contamos cun equipo propio para a preparación e os traballos de produción do evento, e colaboramos con empresas líderes de diferentes sectores para acadar, nun prezo imposible de igualar, o máis semellante á perfección.

Os ‘artistiñas’ xúntanse de novo nun partido pola concordia no derbi

As caras coñecidas da televisión e a cultura en Galicia participarán este sábado en Baiona nun partido de confraternización, horas antes do derbi de Balaidos. A iniciativa enmárcase, por segundo ano consecutivo, dentro da campaña ‘Imposible sen ti’.