Pepo Suevos

Un tipo con máis dun milleiro de monólogos ás súas costas é, ante todo, un tipo con experiencia. Un animal do humor en directo, disposto a arrasar o escenario que colla por diante, sexa dun bar, ou auditorio ou sexa o palco dunha orquestra.
Pepo é ademais de monologuista un fantástico actor, animador, dobrador, guionista e incluso locutor de radio. Nos últimos anos ten participado en proxectos a nivel estatal como Piratas ou Aquí paz y después gloria (a serie protagonizada por Antonio Resines), e en Galicia formou parte de Mareas Vivas, Terra de Miranda, Caseiros ou Matalobos.
Na súa faceta de guionista, conta no seu currículo cun exitosos proxectos como o Land Rober ou A Casa da Conexa, e na gran pantalla formou parte do elenco de Secuestrados, Entre Bateas ou Heroína.
Xunto con Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro e Federico Pérez, participou no último ano no monólogo colectivo ‘Viramos tolos pola tele’, que encheu en cada teatro e auditorio que visitou.
Actualmente forma parte do equipo de guión da serie de Cuatro Gym Tony.

Queres contratar a Pepo Suevos?
Nome
E-mail
Teléfono
Mensaxe

Touriñán, Federico Pérez, Marcos Pereiro e Pepo Suevos, xuntos no Luar

O programa especial do Entroido xuntou sobre o escenario aos catro cómicos, que protagonizaron un divertido sketch no que non faltaron os albaneis e as Cantareiras de Ardebullo. O espazo da TVG conta cada venres con Fede e Pepo no papel de dous xubilados moi particulares.