Marcos Pereiro

Marcos Pereiro é todo un camaleon do humor e do audiovisual en Galicia! Presente nunha chea de proxectos relacionados coa escea e a televisión na última década, formou no ano 2000 o dúo cómico Os Dous de Sempre xunto co seu inseparable socio e amigo, Xosé Antonio Touriñán. Saltaron xuntos á fama polas aparicións televisivas no Luar da Televisión de Galicia. No seu currículo están producións como Tourilandia, A Casa da Conexa, Terra de Miranda, Air Galicia ou Vilamor. Buscando Ardebullo, un programa de viaxes por Galicia en clave de comedia que emitiu a TVG, é o seu último proxecto como presentador e produtor. Xunto con Touriñán ten interpretado infinidade de personaxes diferentes para distintos proxectos televisivos e de comedia en directo, como Viramos tolos pola tele (tamén xunto con Pepo Suevos e Federico Pérez).

Queres contratar a Marcos Pereiro?
Nome
E-mail
Teléfono
Mensaxe

Touriñán, Federico Pérez, Marcos Pereiro e Pepo Suevos, xuntos no Luar

O programa especial do Entroido xuntou sobre o escenario aos catro cómicos, que protagonizaron un divertido sketch no que non faltaron os albaneis e as Cantareiras de Ardebullo. O espazo da TVG conta cada venres con Fede e Pepo no papel de dous xubilados moi particulares.

Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas aos premios, que se entregarán o 4 de marzo na Coruña. O propio Federico Pérez foi, xunto con María Vázquez, o encargado de ler a relación de nomeados.