Humor

Un dos mellores remedios para calquera cousa: completamente probado. Ainé síntese parte do universo do humor en Galicia, con boa parte dos grandes cómicos deste país no seu catálogo. Dedicámonos a promover espectáculos de comedia, producilos e distribuilos, coas ideas de guionistas, actores, creadores…
Funcionamos como axencia de representación e como produtora de eventos humorísticos, pero tamén prestamos servizos de produción aos espectáculos concebidos por outros. Encargámonos de programar axendas de comedia para locais, de buscar a mellor opción de entre todos os que no país se dedican ao humor para eventos concretos como galas, convencións de empresa ou ciclos de monólogos.