Comunicación

Comunicar é entender o que acontece e ser quen de contalo para que outros o entendan. Ainé dispón dun contrastado servizo de comunicación destinado a cubrir as necesidades de empresas para proxectos concretos ou para a actividade diaria de calquera marca. Un equipo de xornalistas documéntase e prepara as notas de prensa, reportaxes ou entrevistas destinadas ao fin que mellor se adapte ás necesidades dun cliente que só agarda a repercusión nos diferentes medios: o obxectivo último dun servizo integral.
Preparar e coordinar presentacións ou roldas de prensa, capturar as imaxes que mellor reflicten o acontecido e lanzalas para a súa distribución entre o público obxectivo é tamén parte do traballo de Ainé como axencia de comunicación e prensa, que complementa o seu traballo co do equipo de A Betacunca na xestión da comunicación online.

A noite de Reis, no último capítulo de Nós

O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.

Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’

Trátase de tres especiais que a Televisión de Galicia emitirá durante estas festas. Os actores e humoristas cullerdenses farán un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.