Cantareiras de Ardebullo

Mucha e Nucha son unha parte imprescindible da historia do humor televisivo en Galicia. Queridas por centos de miles de galegos e galegas, déronse a coñecer polas súas aparicións semanais no Luar da Televisión de Galicia durante varios anos. E da televisión, aos escenarios das orquestras: percorreron (e percorren) Galicia durante o verán como prato forte das verbenas de infinidade de parroquias, nas que xa contan por centos as actuacións en directo.
O universo de Ardebullo, coa Conexa (a súa nai, e doutras tantas fillas), o Padre Nicanor ou Pepe de Rumbo como protagonistas, ten feito rir a moita xente durante a última década. Tanto, que a Televisión de Galicia decidiu lanzar en 2013 o propio programa das Cantareiras, ‘A Casa da Conexa’, que acadou altas cotas de audiencia no prime-time da canle autonómica.
Outros tantos proxectos contan As Fillas da Conexa no seu currículo, como un videoxogo propio, varios programas especiais no Nadal, ou diferentes galas e eventos nas que exerceron como presentadoras co seu humor cargado de retranca e moito, moito fondo social dunha Galicia absolutamente auténtica.

Queres contratar ás Cantareiras de Ardebullo?
Nome
E-mail
Teléfono
Mensaxe

Mucha e Nucha comezan o ano en Melide

Rematadas estas vacacións de Nadal, as fillas da Conexa, Mucha e Nucha, volven aos escenarios de Galicia. A Casa da Cultura de Melide acollerá o vindeiro sábado 7 de xaneiro a primeira cita do ano deste dúo cómico formado polos actores cullerdenses Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro.

Touriñán e Marcos Pereiro gañan o premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral

O xurado outorga o premio aos actores cullerdenses polo “mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego”. O galardón entregarase na Gala Central do Festival Internacional Rebulir, o 17 de decembro.

Mucha e Nucha actuarán o 24 de setembro en Arzúa

Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro pecharán a xira deste verán das Cantareiras de Ardebullo na parroquia do Couto (Arzúa), que celebra as súas festas a penúltima fin de semana deste mes. As Fillas da Conexa subirán ao escenario no descanso da verbena, pasada a medianoite.