Vídeo corporativo

Tan importante é que acontece como o que queda gravado do que acontece. O audiovisual ao servizo de marcas e empresas para difundir coa mellor das apariencias calquera tipo de evento en espectaculares reportaxes.

  • Non hai noticias relacionadas con este servizo

Humor

Somos axencia de representación e produtora de eventos humorísticos, pero tamén prestamos servizos de produción aos espectáculos pensados por outros. Encargámonos de programar axendas de comedia para locais, de buscar a mellor opción de entre todos os que no país se dedican ao humor para todo tipo de eventos.

Xosé Antonio Touriñán

touri_perfil

Non vos será doado atopar en Galicia alguén que non o coñeza. A de Touri é unha das caras máis populares do audiovisual galego na última década. Mucha nas Cantareiras de Ardebullo, Puskas no Era Visto! ou Joao Simoes en Land Rober son algúns dos personaxes máis valorados polo público de entre cantos interpreta. Participa tamén en diversos proxectos teatrais e no cine.