O actor e humorista ferrolán será un dos protagonistas do programa que a Televisión de Galicia comezou a emitir a pasada semana, que este venres contará ademais coas orquetras Olympus, Cinema e La Fórmula.  Os Melidaos, Lirolai, Yhadira, Sanela, os irmáns Diumaró e Tania Veiras completan o cartel.

Captura de pantalla 2016-08-10 a las 12.31.19

Nova festa montada para o venres noite da Televisión de Galicia. Verbenalia volve, por segunda semana, ás pantallas da canle pública cun cartel de auténtico luxo encabezado por Pepo Suevos. Será o pregoeiro dun programa cargado de sorpresas. Unha delas, o tema que se atreverá a cantar coa orquestra La Fórmula, unha das encargadas de animar a sesión vermú e a verbena desta semana, xunto con Cinema e Olympus, esta última desde o orquestródromo.

Non faltarán colaboradores habituais como Eva IglesiasManuel DeAndrade, e o humor estará tamén moi presente neste segundo programa con Federico Pérez e Marcos Pereiro no papel do dúo Os Tristes, cuxa interpretación de La Ventanita desde un remolque foi un dos grandes momentos do programa do pasado venres.

O apartado de música tradicional quedará a cargo de Os Melidaos e Lirolai, e Yhadira será a artista convidada. No último tramo do programa, máis discotequeiro, os xemelgos Diumaró, La Ricura, DKB, Tania Veiras e Sanela atreveranse con diferentes temas, entre eles o Amparito que despedirá o programa.

Antes, durante as tres horas de Verbenalia, moito humor, moita música, e festa sen descanso no programa presentado por Rodrigo Vázquez e Patricia Santana, no que Ainé se encargou da produción.