O actor ferrolán interpretará a un experto piloto de planeadoras da ría de Arousa na nova serie de Bambú Producciones para Atresmedia, que comeza a súa rodaxe este mes de xuño en Galicia.

Di Stefano será o seu nome na serie, que Antena 3 estreará a próxima temporada, e na que participan outros tantos actores galegos como Xosé A. Touriñán, Antonio Durán Morris, Tamar Novas ou Carlos Blanco entre outros.

Fariña súmase ao amplo currículo de Pepo Suevos, logo de ter participado en diferentes proxectos tanto dentro como fóra de Galicia. A súa última aparición na televisión de ámbito nacional foi na serie Aquí paz y después gloria, protagonizada por Antonio Resines.

Fotografía oficial de Fariña, co protagonista, Javier Rey, en primeiro termo. | Foto: Atresmedia