O cómico ferrolán comparte cartel con Luis Zahera e Javier Varela nunha nova edición deste espectáculo de humor que pasará por A Coruña, Pontevedra e Vigo no mes de xaneiro. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla.

cartelO Teatro Colón da Coruña e os teatros Afundación de Vigo e Pontevedra acollerán os días 9, 15 e 16 de xaneiro respectivamente as primeiras Noites de Retranca de Pepo Suevos. Con máis dun milleiro de monólogos ás súas costas, o humoristas ferrolán non participara aínda nun dos espectáculos de comedia en directo mellor valorados de cantos teñen lugar nos teatros e auditorios das cidades galegas, e será no inicio de 2016 cando os espectadores poderán gozar cos seus monólogos.

Estará acompañado no escenario por Luis Zahera e Javier Varela, conformando así un sensacional trío cómico co que as risas están aseguradas. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla con prezos desde 8 euros.