Comedia, tradición oral e cultura rural, ingredientes do Castelo Conta máis ambicioso
O pobo de Xosé Antonio Touriñán acollerá do 20 ao 25 de agosto unha nova edición dun evento que amplía a súa programación en relación a anos anteriores, con múltiples actividades relacionadas co valor da tradición oral no medio rural.
O espectáculo de monólogos do Castelo Conta reunirá a algúns dos mellores cómicos de Galicia
Marcos Pereiro, Pepo Suevos, David Amor, Oswaldo Digón, Eva Iglesias e David Perdomo acompañarán a Xosé A. Touriñán sobre o escenario do Castelo Conta no gran acontecemento do festival, previsto para o sábado 25 de agosto.
Carlos Blanco e Touriñán levarán ‘Somos Criminais’ ao Castelo Conta
O espectáculo que a pasada primavera bateu todos os records de espectadores na súa primeira xira polos teatros de toda Galicia será un dos pratos fortes da programación do Castelo Conta.