Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

Corentena

Saímos de xira polos teatros no outono con este espectáculo nacido das conversas que mantiñan Perdomo e Touriñán por Instagram durante o confinamento. Unha hora de risas, personaxes xa clásicos e moitas novidades nacidas da improvisación e da boa sintonía entre os dous cómicos.

Entra en corentena.gal

Un ordenador portátil coa páxina de taboas.gal aberta no navegador

Táboas

Estreamos a versión dixital da nosa revista sobre artes escénicas en Galicia, que contará a finais de xaneiro co seu cuarto número en papel. Falamos do que pasa nos escenarios de todo o país con novos contidos cada semana.

Entra en taboas.gal
Merca a revista en papel

Resoando no pasado

Abraham Cupeiro lévanos de viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos musicais. Neste espectáculo, o músico sarriao bota man da súa colección de instrumentos milenarios e as súas dotes de contador de historias para atraparnos nunha travesía fascinante e única.

Merca as entradas

EN XIRA

Corentena

https://corentena.gal/

Touriñán e Perdomo levan aos escenarios as conversas que mantiveron en directo polas redes sociais durante o confinamento. Un espectáculo de improvisación no que rescatan algúns dos personaxes nacidos naqueles días.

Próximas datas
    • 19 Abr
    • Cangas
    • 18 Mai
    • Pontevedra
    • 26 Mai
    • Santiago de Compostela
    • 7 Xuñ
    • Ourense
    • 8 Xuñ
    • Lugo
Mercar entradasFicha do espectáculo

Aquí Tou!

https://aquitou.gal

Un monólogo moi persoal no que o cómico nos leva da man facendo un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Próximas datas
    • 30 Abr
    • Pontevedra
    • 4 Mai
    • Lugo
    • 10 Mai
    • Ferrol
Mercar entradasFicha do espectáculo

VIDEOTECA

Descubre todos os contidos audiovisuais dos nosos proxectos e espectáculos.

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Comeza o outono xirando polos teatros galegos co seu monólogo Aquí Tou! e xunto a David Perdomo con Corentena.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.