Un ano despois da súa estelar (e eterna) actuación nas festas de Castelo, Os Tristes estarán de novo no pobo de Touriñán cun concerto que pechará o programa do Castelo Conta o sábado 26 de agosto.

Falar de Os Tristes é falar da mellor música de onte, de hoxe e de sempre. Dos grandes éxitos das verbenas e as sesións vermú interpretados dun xeito maxistral por un dúo que pouco tempo ten para descansar durante o periodo estival polas súas innumerables actuacións nas parroquias e lugares de todo o país.

Para os que bailan desatados con El Polvorete e os grandes éxitos de Pimpinela, unha ocasión extraordinaria para gozar coma nunca é o 26 de agosto en Castelo.

Como peche das actividades da programación do Castelo Conta, o dúo cómico formado por Marcos Pereiro e Federico Pérez subirán ao seu renovado escenario ante o seu público máis fiel para deixar ben claro que nin a chegada do outono debera deixalos fóra da programación das festas en ningún lugar de Galicia.

O seu concerto, previsto para o remate dos monólogos, constará de dous pases, intercalados cos do grupo Los Claretes. Un fin de festa imprescindible.