Este particular partido forma parte da campaña Imposible sen ti, e xógase co obxectivo de amosar una vez máis a boa relación que debe haber entre os seareiros dos dous clubes. Ainé, xunto con Tex45 Producións, encárgase do desenvolvemento desta iniciativa en colaboración con Deportivo e Celta.

fotofamilia

Co derbi galego como telón de fondo e como xa pasara na primeira volta da Liga, algunhas das caras máis coñecidas do panorama audiovisual galego xuntaranse mañá pola mañá no campo da Madroa de Vigo para xogar o “derbi dos artistiñas”. A competición enmárcase dentro da campaña publicitaria “Imposible sen ti” e pretende incidir no rollo entre equipos.

Javier Veiga, Monti Castiñeiras e Carmen Méndez polo Celta e Marcos Pereiro, Federico Pérez e Quico Novoa polo Depor son, entre outras, algunhas das caras que se unirán para xogar este partido entre amigos. A contenda será ás 12.00 da mañá nas instalacións viguesas da Madroa. Deseguido, os participantes xantarán nun restaurante próximo para logo ir ver todos xuntos o derbi no Estadio de Balaídos.