O fenómeno de Fariña: Touriñán fala nos programas de Atresmedia da exitosa serie

Xosé A. Touriñán participa nestas semanas nalgúns dos programas de maior audiencia de Antena 3 e LaSexta para falar de Fariña, a exitosa serie que conta a historia do narcotráfico en Galicia, e na que interpreta a Paquito Charlín.

O sensacional éxito de audiencia de Fariña, a nova serie de Antena 3 producida por Bambú Producciones, segue a dar que falar. Xosé A. Touriñán interpreta na ficción a Paquito Charlín, un dos fillos dun dos grandes protagonistas non só da serie, tamén da historia real que conta a novela homónima de Nacho Carretero. Antonio Durán Morris é Manuel Charlín, o cabeza do clan do mesmo nome, coñecido polos espectadores logo da emisión dos dous primeiros capítulos.

Pai e fillo estiveron a pasada semana no programa Espejo Público, de Antena 3, falando dos detalles da rodaxe, e tamén das sorpresas que os novos capítulos depararán aos espectadores.

Este martes Touriñán participa no programa Zappeando, de LaSexta, tamén para compartir cos espectadores o que revelará o terceiro capítulo da serie, que emite mañá Antena 3.

Artigo anterior
Federico Pérez inicia un novo proxecto teatral en ‘A Leituga’
Artigo seguinte
Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay reinterpretan a historia da arte en ‘Coleccionistas’

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » O fenómeno de Fariña: Touriñán fala nos programas de Atresmedia da exitosa serie