O actor culleredense compartirá cartel con Víctor Grande e Javier Veiga nunha nova xira deste espectáculo de comedia que pasará pola Coruña, Lugo, Ourense e Vigo durante os meses de marzo e abril.

Marcos Pereiro e Víctor Grande

R aposta un ano máis pola mellor canteira actual de monologuistas do país. Marcos Pereiro é unha das caras máis coñecidas no mundo da escea e da televisión galega na última década. Actualmente podemos velo no programa Buscando Ardebullo, onde cada martes acompaña a Xosé Antonio Touriñán e Manolo Pereiro, o seu pai, nunha divertida viaxe por media Galicia na que percorren vilas e aldeas do país para coñecer a forma de vida das súas xentes.

De Nucha a Kevin José, no currículo de Marcos tamén están Tourilandia, A Casa da Conexa, Terra de Miranda, Air Galicia, Supermartes ou Vilamor. Tamén ten interpretado unha chea de personaxes xunto a Touriñán para proxectos televisivos e de comedia, como “Viramos tolos pola tele”, organizado tamén por R.

Nesta ocasión compartirá escenario con Víctor Grande e Javier Veiga, conformando un trío no que as risas estarán aseguradas. As entradas son de balde para os clientes da empresa de telecomunicacións, previa reserva.