Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo

Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.

Os mellores coleccionistas de arte do noso país danse cita este luns a Castelo. En concreto á casa de López, en Castelo de Abaixo. O seu obxectivo, proceder cunha das poxas máis importantes das últimas décadas. Determinados obxectos e esculturas, que permanecen nas casas dos veciños desta parroquia cullerdense desde tempos inmemoriais, formarán parte dunha poxa irrepetible.

Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón relatarán dun xeito moi especial a historia de cada unha das esculturas antes de proceder á poxa. A cita está prevista para as 20.30 horas, e forma parte dos seráns do festival Castelo Conta, que durante toda a semana enche de actividades  o pobo de Xosé Antonio Touriñán. A entrada será de balde.

Artigo anterior
Asi é a programación completa do Castelo Conta
Artigo seguinte
Fariña chega ao teatro da man de
 Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo