Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas

Xosé A. Touriñán levará o seu monólogo a Tebra, no contexto dunha actividade organizada polo clube de fútbol da parroquia que terá lugar no restaurante Las Colinas a partir das 22.30 horas. No que vai de ano o actor e humorista cullerdense foi quen de encheu en todas as súas actuacións.

touritomino

Das cinco veces que Touriñán subiu ao escenario no que vai de 2017 as cinco o fixo con todas as sillas e butacas que tivo enfrente ocupadas. Non serán os seus fans e seguidores de Tebra, en Tomiño, os culpables de romper a racha.

O actor e humorista cullerdense chega este sábado á localidade pontevedresa co monólogo de Manolo Lojo, un espectáculo que percorrido diferentes auditorios e salas de todo o país con grandes datos no que a espectadores se refire. O interese do público por escoitar a historia de toda unha vida.

Unha vida que non foi doada… Logo de nacer prematuro e perder a boa parte da súa familia, botouse a algúns vicios que marcaron a súa existencia. Unha particular relación cun tío da Arxentina foi o único contacto que, xa de adulto, tivo Manolo Lojo con algún parente ou achegado, e a cousa non foi todo o ben que contaba…

Pero todo pode ir a peor! E o caso é que grazas a unha paga Manolo vai sobrevivindo, e conta agora polos auditorios e teatros de media Galicia algúns dos detalles máis curiosos da súa vida.

En Tebra as entradas están esgotadas desde hai máis dunha semana. Outro cheo de Touriñán, o sexto nas seis semanas que levamos de ano.

Artigo anterior
Nace Choqueiriños, a gran festa do Entroido para os máis pequenos na Coruña
Artigo seguinte
Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas