Manolo Lojo, nas festas de San Vicente de Vilasantar

Xosé Antonio Touriñán actuará o próximo venres 25, co seu personaxe de Manolo Lojo, nas festas de San Vicente do concello coruñés de Vilasantar.

Manolo Lojo

Manolo Lojo é un personaxe que o actor culleredense interpretou ao comezo da súa carreira… un home que só ten claro querer suicidarse, argumento arredor do cal conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto. Con este argumento, Touri constrúe a historia da súa máis coñecida identidade logo de ser Mucha nas Cantareiras de Ardebullo.

En máis dunha hora de espectáculo, o humorista galego trata temas de actualidade e historias clásicas… e todo na mellor clave de humor retranqueira que leva a unha viaxe emocionante a todos aqueles que teñan a oportunidade de velo en directo.

Touriñán é actualmente unha das caras máis coñecidas da televisión galega, cos seus papeis semanais en Buscando Ardebullo e no Land Rober. Tamén é un dos protagonistas da exitosa comedia teatral de Javier Veiga “Amigos ata a morte”.

Artigo anterior
Federico Pérez, finalista nos Premios Mestre Mateo
Artigo seguinte
Éxito rotundo de “Amigos ata a morte”

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Manolo Lojo, nas festas de San Vicente de Vilasantar