A exitosa peza teatral, escrita e dirixida por Javier Veiga, e que conta con Xosé A. Touriñán no seu elenco, é xa unha das obras máis vistas da historia do teatro en Galicia.

tourinanlediciaamigos

Hai quen non viu ‘Amigos ata a morte’ unha vez, nin dúas. Hai quen incluso ocupou a súa butaca no teatro tres, e ata catro veces para gozar con esta aclamada peza, estreada en Galicia hai dous anos. David Amor, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán son, xunto con Javier Veiga, os culpables dun éxito sen precedentes nos rexistros de espectadores do teatro galego.

Nacho, Anxo e María son amigos desde hai anos. Pero un par de historias de amor ábrense camiño na súa relación de amizade eterna ata complicala ata límites que nunca sospeitarían. E é que a vida cambia moi rápido, e algo que ningún deles esperaba deixa todo patas arriba.

Logo de acumular novos cheos na terceira e derradeira xira coa que percorren os teatros das cidades galegas esta primavera, poñerán o punto e final en Lugo (21 de abril), Vigo (22 de abril), A Coruña (29 de abril) e Noia (30 de abril). As últimas entradas para estas funcións están á venda en Ataquilla.