Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia

O programa da Televisión de Galicia, no que Xosé A. Touriñán é un dos grandes protagonistas, cambia a súa data de emisión, dos mércores aos xoves. Presentado por Roberto Vilar, o espazo xunta cada semana a decenas de miles de espectadores diante da pequena pantalla.

Os habituáis do Land Rober organizan xa as súas axendas para un dos grandes cambios na Televisión de Galicia no 2017. O programa de Roberto Vilar e Xosé A. Touriñán cambia a súa data de emisión para os xoves, logo de ocupar o prime-time dos mércores durante o último ano e medio.

Xosé A. Touriñán é unha das caras visibles deste exitoso formato que compaxina actuacións musicais, entrevistas e sketches nun particular tono cómico que cada semana reune a milleiros de persoas diante das pantallas. Os camaleónicos papeis do actor cullerdense, entre os que destacou o pasado ano o do multimillonario portugués Joao Simoes, son aclamados polo público que mesmo agarda semanas para poder vivir este espectáculo televisivo en directo desde o plató.

Artigo anterior
Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo
Artigo seguinte
O metro, de novo en marcha

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia