O cómico cullerdense presentará o martes o concurso de disfraces de Arteixo e o sábado, como João Simões, o que organiza a discoteca Chanteclair, en Pontecesures. Pola súa banda, Federico Pérez será este ano o encargado de conducir o entroido de Dumbría, coñecido polo seu concurso de comparsas.

12473964_953254548057435_4385239483684564920_oGalicia bótase ás rúas para celebrar o entroido, e os cómicos máis coñecidos do país son reclamados polos organizadores dos mellores desfiles e concursos de disfraces para poñerlle a guinda a unha das grandes festas do calendario.

Son, como cada ano, días de moito traballo para humoristas como Federico Pérez e Xosé A. Touriñán. O primeiro será o encargado este ano de presentar o concurso de comparsas de Dumbría, con máis de 2000 € en premios en xogo. Terá lugar este domingo contra as 18.00 horas na praza do Concello, e ademais da actuación das comparsas, haberá un agasallo para todos os nenos disfrazados.

Touriñán estará o martes no entroido de Arteixo, desta volta presentando o concurso de disfraces de adultos que organiza o concello. A programación para estes días na localidade coruñesa inclúe outras tantas actividades, como un desfile de carrozas e de comparsas, ou un concurso de disfraces infantiles.

O sábado, tamén Touriñán, pero desta volta como João Simões, será o encargado de conducir o concurso de disfraces que organiza a discoteca Chanteclair. A súa intervención será pasada a medianoite no local de Pontecesures.