“Imposible sen ti”, opta ao Premio Mestre Mateo logo dun novo reconto

Un erro notarial no reconto de votos para a elección dos finalistas da XIV edición dos Premios Mestre Mateo, alterou os resultados anunciados pola Academia Galega do Audiovisual o pasado luns. O engano afecta a catorce nominados en trece das candidaturas.

Entre as categorías modificadas, está a de anuncio publicitario, onde “Imposible sen ti”, de Tex45 producións e Ainé producións, entra a formar parte das candidaturas.

nomeados-mestremateo

Ainé, nas novidades

‘Imposible sen ti’ foi a mensaxe da campaña institucional que o Deportivo, Celta e a Xunta de Galicia levaron a cabo a finais de 2015 para pedir concordia e bo ambiente nun dos derbis galegos.

O spot, realizado por Tex45 producións en colaboración con Ainé producións, recolle o momento no que unha familia, con seareiros celestes e deportivistas, se xunta para ver o partido na casa do avó que, con voz en off, explica: “Din que nos levamos coma cans e gatos… Pois non! Levámonos moito peor. Pero dígoche unha cousa: que non nos falten nunca… Porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido!”.

Os gañadores daranse a coñecer na gala que terá lugar o próximo sábado 23 de abril no Pazo da Ópera da Coruña.

Artigo anterior
Éxito rotundo de “Amigos ata a morte”
Artigo seguinte
Celta e Depor, unidos pola doazón de sangue

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » “Imposible sen ti”, opta ao Premio Mestre Mateo logo dun novo reconto