Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas aos premios, que se entregarán o 4 de marzo na Coruña. O propio Federico Pérez foi, xunto con María Vázquez, o encargado de ler a relación de nomeados.

nomeados

Os premios do audiovisual galego entrou desde esta mañá en plena conta atrás. Os catro candidatos que competirán en cada categoría por facerse co Mestre Mateo son xa coñecidos, logo do anuncio feito hoxe pola Academia desde a sede da SGAE en Santiago de Compostela.

Imposible sen ti, o spot publicitario de ABANCA producido por Tex45 Producións é un dos finalistas na categoría de mellor anuncio publicitario.

Na categoría de mellor programa de televisión é tamén finalista Buscando Ardebullo, o programa de Osdous Ardebullo protagonizado por Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro e Manolo Pereiro. Competirá con ZigZag Diario, Deportes Imposibles e Land Rober. Tamén Nós, a serie de especiais de Nadal da produtora de Os Dous de Sempre, é unha das producións finalistas na categoría de mellor serie de televisión. Competirá con Era Visto!, Serramoura e Dalia a Modista.
 

En canto nas categorías relacionadas con profesionais do audiovisual, o actor Federico Pérez é un dos finalistas na categoría de mellor interpretación masculina protagonista, pola súa participación en Era Visto! Competirá polo Mestre Mateo con Monti Castiñeiras, Miguel Ángel Blanco e Luis Tosar.

Verbenalia, o programa de Tex45 Producións e Suído Producións, conta tamén cun nomeamento, para Teo Manuel Abad, na categoría de mellor realización.

A gala de entrega de premios terá lugar o sábado 4 de marzo no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña, e será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.

Artigo anterior
Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas
Artigo seguinte
‘Amigos ata a morte’ anuncia unha terceira xira

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo