O actor Federico Pérez participa esta noite no Ribeiro Risas, unha gala na que se conxuga o humor e o viño e que se inclúe por primeira vez dentro da programación da 53ª edición da Feira do Viño do Ribeiro.

fede_perfil

Así, o Auditorio do Castelo en Ribadavia acolle a partir das 23.30 horas un espectáculo de monólogos presentado por Iria sobrado e protagonizado por tres grandes do panorama humorístico galego: Federico Pérez, Tonhito de Poi e Isabel Risco.

A Fede podemos velo como Moncho todos os martes nos novos capítulos de Era Visto! e como Venancio no Luar con Pepo Suevos. No seu recente currículo tamén están o programa de cociña Desafío nos fogóns e o espectáculo Curtis&Teixeiro –xunto a Xosé A. Touriñán-.

As entradas para o show de hoxe custan 10 euros e están á venda na Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275/ turismo@ribadavia.es) ou en taquilla na porta do propio Auditorio do Castelo desde unha hora antes do inicio.