Federico Pérez, finalista nos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual acaba de dar a coñecer as candidaturas finais aos premios Mestre Mateo, que este ano cumpren a súa décimocuarta edición.

fede

O actor Federico Pérez figura entre os finalistas á mellor interpretación masculina polo seu papel en Era Visto!, comedia familiar da Televisión de Galicia na que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego.

A Fede, ou Josito –que é así como todo o mundo o coñece polo seu papel en Padre Casares- podemos velo presentando cada xoves xunto a Xosé Barato “Desafío nos Fogóns”, programa da Televisión de Galicia no que o principal obxectivo é a procura do mellor cociñeiro afeccionado das principais vilas galegas. Este lingüista e guionista de Mazaricos é, así mesmo, protagonista da obra de teatro “Presidente” –nominada aos XX Premios Maria Casares- e do espectáculo cómico Curtis&Teixeiro, co que acaba de pechar xira por Galicia xunto co seu amigo Xosé Antonio Touriñán. Recentemente tamén comezou un novo dúo xunto a Pepo Suevos os venres no Luar.

Os gañadores daranse a coñecer na gala que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o próximo 23 de abril.

Artigo anterior
“Presidente”, protagonizada por Federico Pérez, nominada aos Premios de Teatro María Casares
Artigo seguinte
Manolo Lojo, nas festas de San Vicente de Vilasantar

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Federico Pérez, finalista nos Premios Mestre Mateo