Fede e Pepo xuntos no Luar

Federico Pérez e Pepo Suevos acaban de estrear un novo espectáculo cómico que se emite cada venres pola noite no Luar da Televisión de Galicia.

Fede no Luar

Trátase de dous xubilados, Ramiro Zahera –Fede- e o seu amigo Venancio –Pepo-, que parolan sobre as cousas e os problemas da vida, e fano sempre tras unha valla de obras.

Unha das caras máis imprescindibles do audiovisual de Galicia, a Fede case todo o mundo o coñece polo seus papeis en Era Visto! ou Padre Casares. No seu recente currículo tamén están o programa de cociña Desafío nos fogóns e o espectáculo Curtis&Teixeiro –xunto a Xosé A. Touriñán-.

Pola súa parte, Pepo é un fantástico actor e monologuista. Ten participado en proxectos a nivel estatal como Piratas ou Aquí paz y después gloria, e en Galicia puidemos velo en Mareas Vivas, Terra de Miranda, Caseiros ou Matalobos. Actualmente forma parte do equipo de guión da serie de Cuatro Gym Tony.

Os dous tamén participaron no monólogo colectivo “Viramos tolos pola tele”, espectáculo organizado pola compañía R no 2014 e no que se deron cita algúns dos humoristas máis importantes do panorama galego.

Artigo anterior
Touriñán, entrevistado no prime time da televisión portuguesa
Artigo seguinte
Touriñán conducirá a XIV gala dos Premios Mestre Mateo

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Fede e Pepo xuntos no Luar