14Xan

Touriñán no Carballiño

Monólogo · 21.00 · Auditorio Municipal

Manolo Lojo é un home que só ten claro querer suicidarse. É o argumento arredor do cal conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.

En máis dunha hora de espectáculo, Touriñán trata temas de actualidade e historias clásicas… e todo na mellor clave de humor retranqueira que leva a unha viaxe emocionante a todos aqueles que teñan a oportunidade de velo en directo.

Touriñán estará no Carballiño, no ciclo de humor Carballiño Comedy 2, o sábado 14 de xaneiro, con dous funcións previstas ás 19.00 e 21.00 horas no Auditorio Municipal e o domingo 15 de xaneiro cunha función ás 12.30 horas. 

As entradas están esgotadas para as tres funcións.

Entradas esgotadas!