24Mar

Touriñán en Verín

Amigos ata a morte · 20.30 · Auditorio Municipal

Amizade e amor non sempre encaixan como deberan… Xa se sabe: semella o plan ideal ata que en calquera momento se produce a explosión por unha non recomendable mestura de ingredientes.

Nacho, Anxo e María o saben ben. Dous homes, unha muller, e un par de historias de amor. Os tres eran amigos de toda a vida, inseparables ou non tanto. A vida cambia demasiado rápido, e un xiro que ninguén espera pode deixar todo patas arriba, e a amizade entón pasa a verse doutro xeito…

Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor forman o elenco desta obra escrita e dirixida por Javier Veiga.

Amigos ata a morte, que conta con Xosé A. Touriñán no seu reparto, represéntase en Verín o venres 24 de marzo no Auditorio Municipal ás 20.30 horas. As entradas xa á venda en Ataquilla ou no Auditorio de 17.00 a 20.00 de luns a venres.