15Xan

Touriñán en Ponteareas

Monólogo · 20.00 · Auditorio Municipal

Manolo Lojo é un home que só ten claro querer suicidarse. É o argumento arredor do cal conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.

En máis dunha hora de espectáculo, Touriñán trata temas de actualidade e historias clásicas… e todo na mellor clave de humor retranqueira que leva a unha viaxe emocionante a todos aqueles que teñan a oportunidade de velo en directo.

Touriñán estará en Ponteareas o domingo 15 de xaneiro, cunha función prevista para as 20.00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo Ponteareas. 

As entradas están esgotadas para as tres funcións.

Entradas esgotadas!