24Mar

Marcos Pereiro en A Coruña

Como ser armario empotrado · 20.30 · Fórum Metropolitano

Que estar en forma está de moda é un feito. Que lle pregunten se non a Marcos Pereiro, asiduo cliente dos mellores ximnasios: aqueles nos que hai toallas de balde para secar a suor, monitores con nomes de nivel, e clientes da categoría de, por exemplo, Armario Empotrado, a quen Pereiro prestou especial atención durante meses, collendo recortes, para poder contalos nos mellores escenarios de Galicia.

Marcos Pereiro estará co seu monólogo ‘Como ser armario empotrado’ en A Coruña o venres 24 de marzo. A función está prevista no Fórum Metropolitano ás 20.30 horas. As entradas xa á venda en Ticketea a un prezo de 6 € de maneira anticipada e 8 € en taquilla. &