Get Back
19Xan

Fede en Santiago

Get Back · 20.30 · Teatro Principal

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.

O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiunos ir construindo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. Interviron e intervirán no proceso xa en marcha: Camilo Franco (traballo de investigación), Diego Ameixeiras (texto), Jorge Coira (director), Victor Duplá (axudante de dirección), Anxo Graña (música) e Afonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro (elenco).

Get Back, que conta con Federico Pérez no seu reparto, represéntase en Santiago o xoves 19 de xaneiro, cunha función prevista para as 20.30 horas no Teatro Principal. As entradas xa á venda ao prezo de 10 euros.

Merca a túa entrada!