24Mar

Fede en Foz

Presidente · 21.30 · Casa da Cultura

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.

Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do Presidente. Unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionales, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de pronto o timbre da porta e delante deles aparece o presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.

Conseguirá o presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta as enquisas e continuar gobernando outros catro anos?

O espectáculo teatral da compañia Teatro do Morcego, que conta con Federico Pérez no seu reparto, represéntase en Foz o venres 24 de marzo. A función está prevista na Casa de Cultura ás 21.30 horas. As entradas xa á venda a un prezo de 3 € adultos e 2 € a menores.