Eventos e cultura

Propostas a medida pensadas desde aquí.

Cultura á medida

Organizar e producir eventos á medida de cada quen que decide chamarnos é un dos traballos máis estimulantes do mundo. Trátase de facer propostas e imaxinar o que lle parecerán ao público, e ten de bo que cando chega o día podes observar a mirada do público e a súa reacción diante de todas as decisións creativas do proceso de preprodución.

E temos a sorte de traballar no mundo da cultura, o que sempre, sempre suma. Achega outro xeito de ver as cousas e organizalas.

  • Presentacións de produto
  • Eventos corporativos e de empresa
  • Roldas de prensa e contacto con medios
  • Xestión de medios técnicos audiovisuais
  • Congresos e feiras
  • Concertos e festivais
  • Proxectos culturais pedagóxicos