Os Tristes están de volta

Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, volveron aos escenarios neste mes de xullo. A base do seu espectáculo é a parodia das típicas sesións vermús galegas, unha mestura entre o humor dialogado e cantado… e sempre coa retranca como principal protagonista.

os tristes 2

A Marcos e a Fede podemos velos cada semana en Era Visto!, comedia familiar da Televisión de Galicia na que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego. Tamén interpretaron unha chea de personaxes xuntos para proxectos televisivos e de comedia, como “Viramos tolos pola tele”, organizado pola empresa R.

De Nucha a Kevin Jose, no currículo de Marcos tamén están Tourilandia, A Casa da Conexa, Terra de Miranda, Air Galicia, Supermartes ou Vilamor. Buscando Ardebullo, un programa de viaxes por Galicia en clave de comedia que emitiu a TVG, é o seu último proxecto como presentador e produtor. Pola súa parte, no currículo de Fede ou Josito –que é así como todo o mundo o coñece polo seu papel en Padre Casares-  están os seus papeis, entre outros moitos, en Libro de Familia, O Show dos Tonechos, Mareas Vivas, o espectáculo Curtis&Teixeiro, e no mundo do teatro coas obras O Florido Pensil e Presidente.

Próximas datas

Se es seguidor ou seguidora das verbenas aínda non o escoitaches todo ata que vexas aos Tristes! O seu próximo espectáculo será o vindeiro sábado 27 de agosto en Castelo (Culleredo)… unha cita para non perder!

Artigo anterior
Touriñán participa en El Club de la Comedia
Artigo seguinte
Verbenalia bota a andar este venres na TVG

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Os Tristes están de volta