Manolo Lojo

A tráxica biografía dun home cunha vida nada doada. Pero todo pode ir a peor...

A vida de Manolo Lojo non foi doada... Logo de nacer con algún tempo de antelación viviu unha traumática infancia, que derivou en outros tantos problemas, ata que comezou a recibir unha paga por tonto. Perdeu a todos os seus irmáns, comezou unha vida de vicios nada recomendables, e un día soubo que tiña un tío empresario en Arxentina, se cadra disposto a solucionarlle a vida.

Pero todo pode ir a peor, como comenta Manolo neste monólogo, o primeiro da carreira de Xosé A. Touriñán en solitario, estreado hai xa máis dunha década.

Agora percorre os teatros e auditorios de Galicia enchendo en cada unha das funcións, disposto a contar a tráxica biografía dun home moi, moi peculiar.

Artistas asociados

Xosé A. Touriñán

Xosé A. Touriñán