Agora en serio

Quince anos dan para moito! A cara menos coñecida de Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro.

Coñecéronse no colexio de Tarrío, en Culleredo. Fixeron teatro xuntos desde pequenos, e mesmo compartiron outras afeccións coma o balonmán. Colleron por costume ir a Luar cada venres, montaron un local de espectáculos en Carral, e ata unha produtora, desde a que explotaron non só o seu talento como actores, senón tamén como creadores.

É (moi sintetizada) a historia de Os Dous de Sempre. Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. En 2017 cúmprense quince anos da súa primeira actuación xuntos, un aniversario moi especial que celebrarán facendo o que mellor saben facer: comedia.

Agora en serio é o título do seu novo espectáculo no que terá cabida todo ou case todo. Unha cara de Pereiro e Touriñán menos coñecida pero igual de divertida.

Artistas asociados

Xosé A. Touriñán

Xosé A. Touriñán

Maros Pereiro

Marcos Pereiro