A culpa é do sistema

O público (e a actualidade) mandan neste divertido espectáculo de improvisación.

Crear un espectáculo desde a nada non é fácil. Sobre todo se pretendes impactar aos espectadores, porque nisto das artes escénicas está case todo inventado. Pero cando se xuntan dous cerebros hiperactivos como os de Federico Pérez e Pepo Suevos, pode pasar de todo. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non lles ocorreu nada mellor que facer do público o principal protagonista do espectáculo, como creativo, ademáis de cómo destinatario. Os asistentes á función van poder escoller entre varias opcións cada vez que se plantexe unha nova situación sobre o escenario, e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respectable público.

Arriscado? Pode ser. Divertido? Moitísimo. Diferente? Tamén, pero hai que reiventarse ou acabas morrendo. E claro, tratándose dunha proposta na que a inmediatez é fundamental, pois a temática non pode ser outra que a actualidade. A vida política, o día a día dunha escola ou as horas mortas dos xubilados. Todo. Así, calquera acontecemento relevante que tivera lugar nas horas previas á función, pode xa ser tratado e integrado de xeito automático nun espectáculo cómico. Agora ven a pregunta do millón: había necesidade de algo así? Por suposto, pero a culpa é do sistema.

Artistas asociados

Federico Pérez

Federico Pérez

Pepo Suevos