En Allariz hai unha festa cos Tristes!

A enerxética Primagás celebra este domingo unha romaría no campo da feira da localidade ourensá na que o dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro será o encargado de amenizar a sesión vermú. Non faltará o polbo e as filloas, ou os xogos infantís para os nenos.

AllarizFesta por todo o alto en Allariz este domingo. Federico Pérez e Marcos Pereiro volven converterse en Os Tristes, o dúo que durante todo o verán achegou o humor ao programa Verbenalia, na Televisión de Galicia, e que amenizou xa varias verbenas e sesións vermú por toda Galicia.

Desta volta é a compañía enerxética Primagás quen se decide a contar con estes dous cómicos galegos para unha festa que celebrará na localidade ourensá esta fin de semana, e que dará comezo contra as 11.30 da mañá no campo da feira – A Barreira.

Haberá polbo e filloas, así como xogos infantís durante toda a mañá, antes de que Os Tristes comecen a súa actuación.

Artigo anterior
Touriñán tamén se anota nas Noites de Retranca
Artigo seguinte
Outono de teatro para Marcos Pereiro e Fede

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » En Allariz hai unha festa cos Tristes!