O concello de Negreira recibe mañá a Xosé Antonio Touriñán e a Federico Pérez dentro do espectáculo Curtis&Teixeiro, co que levan percorrendo as cidades e vilas medio país desde finais do ano pasado.

Trátase dunha conferencia na que os expertos investigadores Curtis & Teixeiro desvelarán as claves do terrorismo internacional, o programa secreto sexual dos partidos políticos, as gravacións secretas de Tejero horas antes do golpe de estado do 23F e, se dá tempo, tamén contarán a verdadeira historia de Noé.

A cita será este sábado pola noite no Auditorio de Negreira con dous únicos pases: un ás 20:30 e outro ás 22:30. As entradas teñen un prezo de 8 euros por persoa e pódense retirar na Delegación de Cultura (Casa da Cultura), en horario de mañá.

21350114342_e95a3811ca_o-2