Cita triple con Touriñán no Carballiño

O actor e monologuista cullerdense levará esta fin de semana o seu espectáculo en solitario, Manolo Lojo, á localidade ourensá (con tres funcións previstas e as entradas esgotadas desde hai semanas), e ao auditorio de Ponteareas.

manololojo_perfil

Xosé A. Touriñán sabe o que pensa Manolo Lojo, e a súa opinión sobre que tanta, tanta xente, faga por escoitar a historia da súa vida sobre un escenario e diante de centos de persoas.

Unha vida que non foi doada… Logo de nacer prematuro e perder a boa parte da súa familia, botouse a algúns vicios que marcaron a súa existencia. Unha particular relación cun tío da Arxentina foi o único contacto que, xa de adulto, tivo Manolo Lojo con algún parente ou achegado, e a cousa non foi todo o ben que contaba…

Pero todo pode ir a peor! E o caso é que grazas a unha paga Manolo vai sobrevivindo, e conta agora polos auditorios e teatros de media Galicia algúns dos detalles máis curiosos da súa vida.

No Carballiño (sábado 14 ás 19.00 e ás 21.00, e domingo 15 ás 12.30) levan esgotadas as entradas varias semanas. Ao redor de mil persoas ocuparán ata en tres funcións as butacas do seu auditorio para non perder este espectáculo, co que Touriñán xa comezara hai anos cando se iniciaba no mundo do monólogo.

A outra cita co actor cullerdense esta fin de semana está prevista para o domingo, ás 20.00, en Ponteareas, tamén con todas as entradas esgotadas.

Artigo anterior
A noite de Reis, no último capítulo de Nós
Artigo seguinte
Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Cita triple con Touriñán no Carballiño