Celta e Depor, unidos pola doazón de sangue

Como xa fixeran na primeira volta da Liga e co inminente derbi galego como telón de fondo, Deportivo e Celta únense nunha nova versión do spot publicitario “Imposible sen ti”, no que amosan o seu apoio ao Centro de Transfusión de Galicia.

Captura de pantalla 2016-03-23 a las 12.41.16

O vídeo, que demostra unha vez máis a boa relación entre ambas entidades, trata de transmitir a seguinte mensaxe: “Estes homes e mulleres teñen moito en común: pasión polo fútbol e pola vida. Percorren milleiros de quilómetros para animar aos seus equipos, son capaces de facer o imposible. Este partido xogámolo xuntos. Galicia precisa cada día 500 doazóns de sangue. Imposible sen ti. Doa sangue”.

Ainé, na produción

Este novo espazo publicitario conta cos rostros de distintos afeccionados que alternan as cores dos dous grandes equipos galegos. Iago Aspas e Pedro Mosquera son, así mesmo, as facianas coñecidas do anuncio, no que o equipo de Ainé se encargou das tarefas de produción.

Artigo anterior
“Imposible sen ti”, opta ao Premio Mestre Mateo logo dun novo reconto
Artigo seguinte
Touriñán estrea “Monólogo do imbécil”

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Celta e Depor, unidos pola doazón de sangue