Catro oportunidades para coñecer a Manolo Lojo en xaneiro

Xosé A. Touriñán actuará durante este mes en Tomiño, Louro, A Coruña e Teixeiro co seu monólogo en solitario: a tráxica historia dun home disposto a contarlle a súa biografía a quen queira escoitalo. Repasamos todos os datos para os interesados…

Unha apretada axenda de conferencias por diferentes puntos de Galicia non lle permitirá a Manolo Lojo contar con moito tempo libre no mes de xaneiro… Pero todo pode ir a peor! O personaxe que desde hai unha década interpreta o cómico cullerdense Xosé A. Touriñán en bares, teatros e auditorios chega neste primeiro mes do ano a Tomiño, Louro, A Coruña e Teixeiro, disposto a non deixar ningún detalle no aire no relato da súa complexísima vida.

O venres 12 de xaneiro, en Tomiño…
No restaurante Las Colinas, e organizado pola comparsa Estrelas da Noite. Será a segunda ocasión na que Touriñán visite Tebra en menos dun ano. As entradas, a un prezo de 12 euros (anticipada) e 15 (taquilla) están á venda na cafetería Verssus (Tomiño), a cafetería Olalá (Tomiño), o hotel Nueva Colina (Tomiño), Manuel Riveiro Peluqueros (Goián), restaurante Las Colinas (Tomiño), The White Clover (Tui), floristería Kenoa (Tui) e La Bodega (A Guarda).

O sábado 13 de xaneiro, no Teatro Colón da Coruña…
Pero coas entradas xa esgotadas desde hai varias semanas. Xunto con Oswaldo Digón, no espectáculo Noites de Retranca, que volve un ano máis á cidade herculina.

O venres 19 de xaneiro, en Louro…
No So’Nos Society Café – Bar! Coas entradas a un prezo único de 18 euros, á venda no mesmo local, no pub O Pórtico (Lariño), e no restaurante Areal (Outes).

O 27 de xaneiro, en Teixeiro…
No restaurante Casa Miraz, e organizado pola Comisión de Festas da localidade. As entradas (prezo único de 15 euros) están á venda na cervexería Norfolk, o bar Castroverde, o estanco Teixeiro, Roberto Artes Gráficas, o café – bar Español (Curtis) e o café – bar Soa Bocatería (Guitiriz). Tamén se poden adquirir en Ticketea.

Artigo anterior
O noso 2018 ten esta pinta…
Artigo seguinte
Somos Criminais, o primeiro espectáculo de Touriñán e Carlos Blanco xuntos

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Catro oportunidades para coñecer a Manolo Lojo en xaneiro