Noticias de Eventos

O noso 2018 ten esta pinta…

Xa está aquí un novo ano. Toca estrear calendarios e axendas, encherse de propósitos e botar a camiñar. Comeza 2018, un ano no que en Ainé Producións non faltará o que para nós é o mellor humor do mundo. Seguiremos traballando no audiovisual, na intensa tarefa da produción, pero tamén xunto aos nosos actores. Procuraremos medrar da man de empresas amigas coas que vimos colaborando desde hai anos, e por suposto: farémolo co noso compromiso de sempre coa cultura deste país.

Incondicionais do Castelo Conta

Se algo non estaba previsto era ter tan claro ao día seguinte que en agosto de 2018 habería un novo Castelo Conta. O éxito de participación e de crítica desta orixinal actividade, promovida por Xosé A. Touriñán e a Comisión de Festas de Castelo coa…

Así será o Castelo Conta

Á tarde comezarán as actividades dunha das xornadas máis especiais relacionadas co humor en directo e a tradición oral dos últimos anos en Galicia. Para asistir ao Castelo Conta podes facerte coa túa entrada para a andaina, a cea e o espectáculo de monólogos, ou só para as actividades da noite…